Onte martes, o pai de Yoseph veunos falar sobre a súa patente: “pulpo en tabla”, explicounos en que consistía, o que tivera que facer para rexistrala, ….
Deixámovos unhas fotos para que vexades.
Onte martes, o pai de Yoseph veunos falar sobre a súa patente: “pulpo en tabla”, explicounos en que consistía, o que tivera que facer para rexistrala, ….
Deixámovos unhas fotos para que vexades.
Despois da lectura colectiva do conto xeométrico “Todos somos iguais” estiveos a crear cos bloques lóxicos diferentes figuras, tiñamos que darlles un nome e describir a nosa figura, máis tarde fixemos un debuxo no que tiñamos que utilizar só figuras xeométricas. Un resumo da actividade deixámolo no seguinte vídeo.
Os nosos compañeiros e compañeiras de Bioloxía da ESO están a facer un proxecto de estudo e cría sobre os peixes cebra(pincha se queres información do proxecto). Baixamos a velos e que o profe Javier Santiago nos explicara un pouco o proxecto: vimos o acuario onde están; vimos, a través do microscopio, como é o peixe dentro do ovo e escoitamos o profe explicarnos como funciona o proxecto. Deixamos aquí unha mostra da nosa visita aos peixes cebra.
Nas nosas rutinas diarias temos que medir algo, hoxe a Samuel o seu compañeiro mandoulle medir o encerado e este foi o resultado.
Este curso teremos unha actividade máis que é a Robótica cos robot imos traballar diferentes contidos como: o reloxio, o corpo, calculo e moitas cousas máis.Gustounos moito
Seguimos traballando o vento, esta semana estivemos vendo como o representan no xornal e que quere significar cada símbolos nos mapas do tempo.
Estes días estivemos a facer a Pepe e a Lola e eles axudáronnos a coñecer e repasar mellor as partes do noso corpo. Mirade que ben o pasamos.
O mércores fomos a facer unha visita, xunto cos nenos e nenas de Urdilde, a Panificadora San José de Rois, onde nos insinaron como se facía o pan, e nós fixemos uns boliños que quedaron moi ricos.
Os panadeiros despois, mentras esperábamos que se cocera o noso boliño de pan, invitáronnos a un pastel.
Queremos agradecer a xente de Panificadora de San José a súa atención e dedicación por permitirnos realizar esta actividade.
MOITAS GRAZAS